martes, 27 de mayo de 2008

Ainda me dura a "enchenta"


Esta fin de semana celebrouse na miña casa a festa anual de todos os anos polo patrón.
Como consecuencia doeme o estómago de comer, teño o corpo revolto de comer por comer e estou moi farta de comer.
Asi que podo resumir nunha soa palabra o que fixen esta fin de semana: COMER.
Podo dicir que a cuarta parte da metade do que comin chegaríame pero por natureza son larpeira.
Doces, callos, marisco... e non sigo enumerando o menú para que non vos de envexa.
Xa se me estragou a operacion bikini que veño preparando desde febreiro.
Ainda que pensándoo ben, este corpo non se mantén so de aire.

3 comentarios:

Greca dijo...

Que vivan as comidas do patrón!!!! Encántame o estilo paparota!!! Disto en Madrid tampouco teñen.

Anónimo dijo...

Pois eu non dsifruto nada. Se non houbese que traballar...

Anónimo dijo...

Eso é coma estar no ceo. Comer, comer, e se logo podes durmir e vaguear vendo freaki-series ou pelis malas de esas de telecinco das que dan despois de comer, xa nin falemos.